galiciaunica Un recorrido semanal por la comunidad autónoma de Galicia, España.

ENTRE VOCES – Por Celsa Barja*

A túa voz abrázame, excítame, espértame…

Entrégoche o meu corpo, agarimo entre pestanas,

inflamo pensando que é a túa boca a que tenta,

a túa lingua  nos meus seos, o delirio nas entrañas.

Penetro cos beizos o misterio da túa cordura,

bebo gota a gota o desexo que non se resiste,

xogo con caricias que me entregan e te acollen,

e clámolle a Deus agora que sei que existes.

Es o druída perfecto do meu presente,

o paso cara o futuro que durme na miña pel,

a escuma do meu mar e a vida da miña morte,

o home que acendeu a miña alma de muller.

Celsa Barja en una foto de Julio Sanmartín

*Celsa Barja es poeta nacida en A Gudiña pero afincada en Ourense capital y acaba de publicar “Espindo un bico”, una visión erótica y sensible del amor y los amantes..